TELEFONO: 982828880 - CORREO: ceip.pontenova@edu.xunta. gal - HORARIO: 9:30 A 16:00 HORAS
Montaxe dos Escornabots
Para o curso que ven teremos no noso colexio uns novos compañeiros: os Escornabots.
Fixádevos ben nos seguintes pasos, porque son a forma que teremos para darlles vida a estes aparatiños.
PASO 1: Montaxe da placa
Primeiro temos que facer un inventario de tódalas pezas que están presentes e logo, unha vez que as coñecemos, iniciamos a montar a placa dos pulsadores, que será o que lle mande información ao noso robot para que faga as tarefas que queremos. Seguiremos esta secuencia:
1. Faise inventario de material
2. Amósanse as diferentes pezas da placa
3. Ensínase a colocar as resistencias, os mandos e o soporte de saída da información
4. Estáñase e mídese co polímetro para ver se todo está ben situado na placa.
PASO 2: Montaxe dos motores e as primeiras pezas
Importante: fixarse no ultimo pasopara envolver ben os cables antes de colocar a seguinte peza
PASO 3: Colocacion placa base, soporte das pilas e pulsadores
PASO 4: Cableado, montaxe das rodas e finalizar a montaxe do robot
Importante: os cables hai que recollelos de forma que non queden moi soltos.
Ao longo destas semanas realizamos tres procesos de montaxe diferentes, aquí están algunhas das imaxes: