5º curso

Festa da auga

E por fin rematou o curso!!! Estamos moi contentos porque comezamos as vacacións pero, por outro lado, un pouco tristes porque ímonos botar de menos este tempo que non veñamos ao cole.

Pero, para que se nos pase un pouco a morriña, fixemos a xa tradicional festa da auga de fin de curso e aproveitamos que o concello nos puxo xogos de auga no parque para aumentar os que xa facemos habitualmente.

Foi un fin de curso estupendo e, aínda que facía un pouco de frío, non o notamos e mollámonos coma tolos!!

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo deste día.

Vémonos en setembro!! Felices vacacións!!

Feira de proxectos

Para amosar os bonitos proxectos que se crearon nas distintas clases relacionados coas belas artes, a fin de curso fixemos a feira de proxectos onde o alumnado e as súas familias puideron disfrutar de todo o que aprendimos e pasalo ben unha mañá con nós.

Foi moi divertido e non daba tempo a ver todo o que fixeran os nosos pequenos e pequenas.

Premendo na imaxe podedes ver unha mostra de todo o que aconteceu este día.

Saída á praia de Cabanas

E xa vai chegando o fin de curso e, con el, as ganas de ir á praia así que cargámonos coas mochilas, os bañadores, as toallas e a comida e saímos á praia de cabanas onde, ademais de xogar coma tolos, bañámonos a pesares do frío e o pasamos en grande.

Para rematar a festa fomos ao parque de Cabanas onde acabamos de gastar as pouquiñas forzas que nos quedaban.

Unha actividade marabillosa coma sempre.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo deste día.

 

Volta ciclista

Coma todos os anos, o equipo de educación vial do concello organizou a xa famosa marcha ciclista na que, ademais de facer exercicio, xuntámonos cos peques doutros coles e o pasamos en grande!!

Agardamos que sigamos moitos anos con esta actividade tan marabillosa!!

Visita do coro ao CEE Terra de Ferrol e ao centro de maiores Manuela Sequeiro

Como saída de fin de curso, o coro do cole foi visitar ao alumnado do CEE Terra de Ferrol e o centro de maiores Manuela Sequeiro. Foi unha actividade preciosa na que os peques do coro encheron de música a rutina dos nenos e maiores e puideron ver con abraio a resposta destes á súa actuación.

Foi marabilloso!!! Grazas profe Marcos por facer aos nenos e nenas do cole apaixoarse pola música.

Excursión fin de curso - ALDEANOVA

E xa vai rematando o curso!! Chegado xuño fomos de excursión a Aldeanova onde fixemos unha morea de xogos, escape room, vimos as estrelas, saímos de excursión, fixemos unha festa nocturna e, o máis importante, durmimos todos xuntiños e o pasamos en grande!!!

Foi unha experiencia estupenda e queremos compartila con vós.

Premendo nas imaxes podedes ver fotos e vídeos destes días. Agardamos que vos gusten!!

FOTOS VÍDEOS DÍA 4 VÍDEOS DÍA 5

 

Visita de Cristina Vilar - pintora

E seguimos recibindo visitas para coñecer mellor as belas artes.

Nesta ocasión, a nosa compañeira Martina convidou á clase á súa madriña, Cristina Vilar, que dedica moita da súa vida a pintar uns preciosos cadros cos que nos deixou a todos pasmados.

A pesares de que, por circunstancias, tivo que deixar de pintar un tempo, a súa paixón e ganas fixeron que poida volver a pintar. Nos deu unha grande lección de vida e, grazas a ela, nos demos de conta de que na vida hai que adicar tempo ao que che gusta e, sobre todo, dedicarlle todo o teu esforzo e paixón.

Foi unha visita marabillosa!! Moitas grazas por todo o que compartiches con nós.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade

Visita dos pais de Marco e Nuno

E seguimos co PDI das belas artes! Pero desta vez, tivemos unha visita moi especial!

Os pais de Marco de 5º e Nuno de 2º son uns grandes músicos que, ademais de ser mestres, viven a música con grande paixón.

Nos contaron as súas andainas neste mundo, vimos vídeos dalgunhas das súas actuacións e, o que máis nos gustou, foi velos tocar en familia.

Foi unha actividade fermosísima na que xuntamos o que máis nos gusta: aprender e a visita das nosas familias na escola.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.

 

Visita ao clube de xadrez

Como premio á asistencia do alumnado ao clube de xadrez durante este curso, o profe Marcos programou unha visita ao clube de xadrez para poñer fin así a un curso no que este xogo foi protagonista.

Ademais de xogar unhas partidas, convidáronnos a tomar unha rica merenda e nos ensinaron os seu culbe por se queremos apuntarnos de cara ao curso que vén.

Foi unha experiencia moi chula!!

  

Lingua de signos con Lorena

Ana, a nosa mestra de educación física, é unha grande defensora da igualdade e este ano está a ensinarnos linguaxe de signos para poder comunicarnos coas persoas xordas.

Con esta finalidade trouxo á clase a Lorena, nai de Noa de 6º, e que traballa como intérprete de lingua de signos a nenos xordos. Ela nos amosou algunhas palabras nesta lingua e, sobre todo, a importancia de saber comunicarnos con todo o mundo para crear unha sociedade máis integradora,

Gustounos moito e o pasamos xenial!!

premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo deste día.

Distribuir contido