Día do Libro
23 de Abril: DÍA DO LIBRO
Enviado por lauracabarcos o Xov, 25/04/2024 - 13:40CONTACONTOS FAMILIARES
Enviado por bertagrueiro o Lun, 15/05/2023 - 09:35A semana do 24 ao 28 de abril, con motivo da conmemoración do Día do Libro, desfrutamos de contacontos por parte das familias tanto na biblioteca do cole coma nas aula. Foi unha experiencia marabillosa na que desfrutamos unha chea dese tempiño coas familias. Moitas grazas!
Día do libro 2023 de Berta Grueiro
Storytelling
Enviado por argarcia o Lun, 08/05/2023 - 22:54Os contos en inglés tamén formaron parte da conmemoración do Día do Libro:
- Lectura de contos por parte de Caroline, a nosa auxiliar de conversa deste curso, ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.
- Os nenos/as de 5º leron contos ao alumnado de Educación Intantil, 1º e 2º.
Premer nas imaxe para ver algunhas fotos e un vídeo.
DÍA DO LIBRO
Enviado por Mª José J. Valbuena o Lun, 09/05/2022 - 20:41Coma todos os anos, este curso celebramos no centro o Día do Libro. Nesta ocasión as actividades que realizamos para conmemorar esta data foron dúas.
Por unha banda, decoramos e personalizamos uns marcadores que nos servirán cando realicemos o empréstito de libros na biblioteca.
Polo outro lado, escollemos e levamos como agasallo para a casa libros que xa non usamos na biblioteca para darlles unha segunda vida.
Aquí tedes unha mostra do noso traballo. Esperamos que vos guste!
DÍA DO LIBRO
Enviado por carmenvazquez o Mar, 05/05/2020 - 10:16O 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO E DENDE HAI MOITOS ANOS O CENTRO FESTEXA ESTA DATA CON UN MOREA DE ACTIVIDADES DURANTE ESA SEMANA CONTACONTOS,FEIRA DO TROCO,AGASALLOS,LECTURAS NA BIBLIOTECA...ESTE ANO NON PODÍAMOS DEIXAR DE CELEBRALO E CADA UN DENDE A SÚA CASA PUXO O SEU GRAN DE AREA.
MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E NON DEIXEDES DE LER.
Carta de Nicoleo polo Día do Libro
Ola nenos e nenas!
Como levades este tempiño na casa? Xa non queda nada para poder saír e vernos de novo. Mentres tanto estou seguro de que todos confiades na eficacia dos libros para poder viaxar, vivir aventuras, coñecer personaxes singulares e historias inesquecibles... A que si?
Pois estou desexando saber cales son eses libros marabillosos que vos acompañan na casa. Esta semana celebramos o Día do Libro. Como non podemos vernos e intercambiar lecturas, como sempre, fagamos algo que nos permita ver cal é o libro que limos xa mil veces, pero nos segue encantando, o libro que descubrimos estes días e queremos compartir, o libro que estamos desexando ler, pero non temos aínda a idade necesaria...
Collede ese libro e posade para unha foto con el. Esa foto ten que ser en horizontal e llela mandades á vosa titora ou titor e logo, cun pouco de maxia, farei algo bonito no que todos nos podamos ver amosando as nosas lecturas. Data límite de envío: venres 24
Quedade na casa e non deixedes de ler. Estádelo facendo moi ben.
Un bico.
Nicoleo