Secretaría
Ao cole en pixama!
Enviado por lauracabarcos o Lun, 18/11/2024 - 09:01Así este mércores, con motivo da aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno, o alumnado de Educación Infantil e Primaria poderá acudir ao colexio en pixama e gustaríanos que as familias tamén vos unirades a este movemento participando da mesma proposta xunto con moitos outros coles.
Animádevos a vir ao cole en pixama polos nosos pequenos!
Saúdos e coma sempre, grazas pola vosa participación.
Calendario de eleccións ao consello escolar
De acordo co decreto 92/1988 da Xunta de Galicia, do 28 de abril D.O.G. do 29, polo que se regulan os órganos de goberno dos colexios públicos, lévase a cabo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, de acordo co calendario fixado pola Resolución do 10 de setembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia 18/09/2024)
Nesta resolución indícase o seguinte:
∙ O dereito a elixir e a ser elixido/a correspóndelle ao pai e a nai, ou, no seu caso, aos titores legais.
∙ O Censo está exposto no taboleiro: Se algún pai /nai non está no censo ou algún dato é erróneo deberá comunicalo o máis axiña posible na secretaría do centro (data límite 6 de novembro).
∙ A Mesa electoral estará formada pola directora do centro, que será a presidenta, e catro pais/nais designados en sorteo público, que terá lugar na secretaría do centro o día 11 de novembro ás 9 horas.
∙ Poderanse presentar as candidaturas de 29 de outubro ao 8 de novembro.
∙ A proclamación definitiva de candidatos, despois das posibles reclamacións, a realizará a Xunta Electoral, que está formada pola directora, como presidenta, un pai/nai, e un mestre/a que actuarán como vocais. O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector/a acreditará a súa identidade.
∙ Cada elector fará constar na papeleta un máximo dunha cruz que sinale o/a candidato /a que elixe. Serán nulas as papeletas con máis cruces.
∙ Ao remate das eleccións se procederá ao escrutinio público e levantamento das actas correspondentes.
∙ A votación terá lugar o martes 19 de novembro en horario de 9 a 9:50 h e de 14:00 a 14:30 h.
∙ A organización e supervisión estará a cargo da Xunta electoral.
No arquivo adxunto poñemos á vosa disposición o calendario de actuacións que seguiremos no desenvolvemento destas eleccións.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Enviado por argarcia o Xov, 24/10/2024 - 21:47Votacións
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Enviado por argarcia o Xov, 24/10/2024 - 21:45Nesta semana, publicación do censo electoral.
Listaxe provisional de fondo libros e axudas para material
Xa está publicada no taboleiro de anuncios a listaxe provisional da adxudicación de fondo libros e vales para material. As familias ás que lles foi concedida poden vir a recoller os vales ata o 12 de xullo ou a partir do 1 de setembro en horario de 9:30 a 13:30.
O periodo de reclamación remata o día 10 de xuño para aquelas familias ás que non lles foi concedida e consideren que poden aportar algunha documentación.
Fondo libros 2024/25
Estimadas familias:
Segundo a Orde do 7 de maio de 2024, hoxe día 21 de maio comeza o prazo para a presentación de solicitudes do fondo de libros de texto e axudas para material. Este prazo remata o día 21 de xuño (incluído).
A solicitude pode facerse de xeito electrónico con Chave 365 ou DNI electrónico, ou ben de xeito presencial no centro cubrindo os Anexos I e II que se adxuntan e entregándoos en dirección.
Nos arquivos adxuntos tedes toda a información pertinente e os Anexos que debedes utilizar para a solicitude.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
Listaxe provisional de fondo libros e axudas para material
Xa está publicada no taboleiro de anuncios a listaxe provisional da adxudicación de fondo libros e vales para material. As familias ás que lles foi concedida poden vir a recoller os vales ata o 7 de xullo ou a partir do 1 de setembro en horario de 9:30 a 13:30.
AXUDA FONDOS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA OS CURSOS DE 1º A 6º DE PRIMARIA
Estimadas familias:
Segundo a Orde do 10 de maio de 2023, hoxe comeza o prazo para a presentación de solicitudes do fondo de libros de texto e axudas para material. Este prazo remata o día 21 de xuño (incluído).
Nos arquivos adxuntos tedes toda a información pertinente e os Anexos que debedes utilizar para a solicitude.
Un saúdo
Ampliación da axuda para adquirir material escolar.
Enviado por lauracabarcos o Lun, 17/10/2022 - 11:27Estimadas familias,
De acordo coa Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, concédese unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25 euros adicionais baixo as seguintes condicións:
-Unicamente recibirán esta ampliación de 25 euros aquelas persoas anteriormente beneficiarias do vale de axuda por material de 50 euros.
-Os vales deberán ser empregados nos establecementos preferiblemente antes do 1 de decembro de 2022.
Recolleranse na Secretaría do centro a partir do mércores 19 de outubro en horario de 09:00 a 09:30 e de 13:30 a 14:00h.