Consello escolar

Constitución da xunta electoral

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección  Xeral de Ordenación e Innovación, pola que se establece o calendario para a celebración de  eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos  públicos (DOG do 18 de setembro de 2024), realizarase proximamente neste Centro a  renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de  todos os sectores educativos do Colexio. 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do  Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e estará integrada por: 

- A directora do Centro. 

- Un profesor ou profesora. 

- Un pai ou nai ou titor legal. 

- Un representante do persoal de administración e servizos. 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto  92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do  Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que  se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 18 de outubro, venres ás 9:00 horas

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura  para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas  distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro. 

Consello Escolar

EQUIPO DIRECTIVO


DIRECTORA

Mª DEL CARMEN VÁZQUEZ BARREIRO     

XEFA DE ESTUDIOS   

LAURA CABARCOS EDREIRA

 SECRETARIA 

ANA BELÉN VILAR OTERO

REPRESENTANTES DO PROFESORADO

ELISA DOPICO BORES

PURIFICACIÓN FACHAL CORBEIRA

ANA ISABEL MORALES MOYA

JUAN MARCOS CEREZO SUÁREZ

SARA GÓMEZ AMADO

BERTA GRUEIRO PÉREZ


REPRESENTANTES PAIS/NAIS

CARLA Mª VÁZQUEZ SECO

JOSÉ ANTONIO FUENTES LAGO

PEDRO HERNÁNDEZ ALBUQUERQUE

MARTA SEOANE LEAL

MARÍA DE LOS ÁNGELES LAGO TORRENTE

                                                                        

      REPRESENTANTE MUNICIPAL        

NURIA YÁÑEZ FREIRE

 

  PERSOAL NON DOCENTE  

MARCO ANTONIO LAGO RÍOS

 

Distribuir contido