Inglés

Storytelling

Os contos en inglés tamén formaron parte da conmemoración do Día do Libro:

  • Lectura de contos por parte de Caroline, a nosa auxiliar de conversa deste curso, ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.
  • Os nenos/as de 5º leron contos ao alumnado de Educación Intantil, 1º e 2º.

Premer nas imaxe para ver algunhas fotos e un vídeo.

"EASTER EGG HUNT" NO CEIP PONTE DE XUVIA

Na semana previa ás vacacións de Semana Santa traballamos sobre "Easter", tanto en Plástica como nas clases de Inglés.

Caroline, a nosa auxiliar de conversa, falounos de como se celebran estas datas nos Estados Unidos.

O remate final foi ... "The Easter Egg Hunt". Cada clase saíu ao parque do paseo onde o alumnado tivo que buscar ovos de chocolate agochados previamente por Caroline.

E o venres, tocoulle ao profesorado e ao persoal non docente buscar os ovos que nenos e nenas  agocharan no patio.

Foi moi divertido e os ovos de chocolate estaban moi saborosos!

Distribuir contido