Educación física

VÍDEO INICIAL RECREOS ACTIVOS

Comezamos un novo curso con moita gana de xogar, facer exercicio así como de cantar e bailar.

Preme na seguinte imaxe para ver este vídeo inicial.

 

Visita do Clube Hoquei Narón

Dende a área de Educación Física pretendese dar a coñecer deportes e deportistas da zona, así coma concienciar sobre hábitos saudabeis e saúde, e claro, Radio Ponte sempre quere estar no centro da acción apoiando. Hoxe vos presentamos un novo clube de hoquei patíns: Hoquei Narón. A profe Vero, que é membro da directiva , veu cun grupo de prebenxamines a presentar e ensinar como se xoga e se patina. Esperamos que vos guste este programa.

COMEZAMOS CON EDUCACIÓN VIAL

ISTO SÓ FOI O COMEZO...

VISITOUNOS O CLUB DE HOCKEY NARÓN

Isto é Vida

Neste programa atoparedes contidos relacionados coa saude e a vida sá. Apredenderes sobre o corpo humano, alimentación saudable...etc e estaredes ao tanto dos eventos deportivos do colexio.

MÓVETE+

MÓVETE+ trátase dunha modalidade, englobada dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva, que busca aumentar o tempo de actividade física do alumnado, durante a xornada escolar, mediante o baile e a música.

O alumnado de 5º de Educación Primaria elaborou unha coreografía para que profes e alumnado podamos ocupar os nosos tempos de lecer dunha forma activa.

Grazas artistas!!!

MÓVETE+ CEIP PONTE XUBIA de ffornos

O NOSO CAMIÑO

Pasiño a pasiño faise o caminiño. Esta é a filosofía coa que iniciamos o reto de "O NOSO CAMIÑO". Saímos a camiñar todos os días, cada grupo ao seu ritmo, buscando sumar entre todos/as e conseguir percorrer os case 100 kilómetros que separan Xuvia de Santiago de Compostela. Non facemos o Camiño, facemos O NOSO CAMIÑO. Pero, sumar kilómetros non é o único obxectivo, buscamos tamén aumentar o tempo de actividade física do alumnado durante a xornada escolar.

Como non queremos perder o norte, empregamos unha ferramenta que nos permite saber onde nos atopamos en función dos kilómetros percorridos.

A COMER COS PROFES

Profas e profes, familias, propóñovos un reto que pasa a formar parte do Proxecto De Vida Activa e Deportiva; preparar un almorzo ou merenda saudable. Eu xa preparei o meu...¡dentro vídeo!

 

 

recea saludable flavia 2º de ffornos

 

 

RECEITA SAUDABLE RUBÉN 1º EP de ffornos

Actividades de relaxación durante o confinamento

Vos deixo un documento con actividades para practicar a relaxación con respiracións

Distribuir contido