Erasmus+ - On your bike

MARCHA CICLISTA VIRTUAL

MARCHA CICLISTA VIRTUAL

Este ano por motivo do Covid, celebrouse a marcha ciclista 12 +1 de maneira virtual.

A data elexida foi o 21 de maio ás 10:30 e participaron, como todos os anos, todos os centros de primaria de Narón.

Tivemos unha bicicleta estática na aula de 6º e todos os alumnos pedalearon mentras vían un vídeo do recorrido por Narón. Ao mesmo tempo tiñan que resolver un panel sobre seguridade vial e cuestións do seu Concello.

A actividade foi moi amena e xa que non podemos estar cos outros nenos de outros centros polo menos podemos facer unha marcha virtual polo Concello.

Despois da marcha o Concello obsequiounos cunha merenda para os nenos desde 3º a 6º de Primaria.

Aquí vos deixamos unha presentación desta actividade. Esperamos que vos guste.

 

ONLINE CYCLING ROUTE

This year, we could not celebrate the cycling route 12+1 for Covid restrictions.The Narón Council decided to do it through Internet.

We were provided with a stationary bicycle and we had to follow a route in a video. At the same time they had to complete a table with questions about Road Safety Education.

After the cycling route we were invited to have a snack.

Year 6 participated pedaling and answering questions. The snack was given from Year 3 to Year 6.

Here you can enjoy a presentation of the activity.

We hope you like it.

 

A CAZA DO TESOURO 5º E 6º DE PRIMARIA

Caza do Tesouro sobre Rodas

Para promocionar o uso da bici e do patinete este ano levamos a cabo a caza do tesouro sobre rodas.

No mes de Abril tocoulles o turno aos cursos de 5º e 6º e participaron na actividade os días 16 e 30. De novo, dividimos os grupos en tres e foron acompañados de tres mestras. Tiñan que resolver probas para ir accedendo a novas pistas. Ao final cada neno levou un regalo por participar.

As probas consistiron en: resolver unha sopa de letras, un tangram, e contestar en inglés preguntas que traballamos durante o trimestre. As caixas cos regalos estaban escondidas en distintas partes do centro.

Todos quedaron con gañas de repetir.

 

Treasure Hunt on Wheels

To promote the use of bikes and scooters we prepared a treasure hunt on wheels.

In April, Year 5 and Year 6 participated in this activity, We did it on the 16th and 30th.

We divided each class in three and they were accompanied by a teacher. The game was competitive but they were told that all the groups will have their prize.

We gave them them clues and they had to go to different parts of Xuvia on their bikes, once there they had to solve an activity to have access to the next clue.

Some of the activities were: a wordsearch, a tangram, and answering questions in English about topics worked during the term.

The presents were hidden in different places of the school.

We all had fun and we want to do it again.

 

A CAZA DO TESOURO

CAZA DO TESOURO

O venres 26 de febreiro o grupo de cuarto de primaria participou na primeira Caza do Tesouro sobreRodas. Os rapaces e rapazas tiñan que traer as súas bicis ou patinetes para ir resolvendo distintas activides que estaban agochadas polo paseo de Xuvia e en Neda. Cada vez que resolvían unha actividade a monitora que os acompañaba dáballes un número e cando tiñan todos os números podían abrir unha caixa cun candado que tiña a derradeira pista para chegar ao tesouro.

Os tesouros estaban escondidos en distintas instalaccións do centro. Todos conseguiron chegar aos seus tesouros.

 

Dividimos a clase en 3 grupos: azul, verde e amarelo. Cada grupo ía acompañado dunha mestra tamén na súa bicicleta e tiveron que resolver probas como: sopa de letras, tangram, colorear bandeiras, buscar diferenzas entre dous debuxos e preguntas tipo test.

 

Desfrutamos facendo deporte nun día soleado, practicamos inglés e conseguiron o premio: doces, libretas e boligrafos.

Aquí vos deixamos fotos deste día. Proximamente outros grupos de Primaria disfrutarán tamén da caza do tesouro sobre rodas.

 

 

 

TREASURE HUNT

On February the 26th, Year 4th participated in the first Treasure Hunt on Wheels. Pupils brougth their bikes and scooters at school. They had to solve different tasks hidden in the Xuvia and Neda Promenade. Once the tasks were solved, the teacher gave them a secret number. After solving all the tasks,they could open a box with a lock. Opening the box they had access to the last clue to know where the treasure was.

We divided the group class in three groups: blue, green and yellow. Each group was accompanied by a teacher who also rode a bike. The tasks were: a wordsearch, tangrams, flags colouring, find the differences and quizzes.

The treasures were hidden in different school premises. Of course, all the groups were able to find their prizes.

We enjoyed a beautiful sunny day, we did sport, we practised English and we all had the treasure:sweets, notebooks and coloured pens.

Here you have some pictures of the treasure hunt. Other groups in Primary will enjoy it soon.

 

BAILE JERUSALEMA PONTE DE XUVIA

JERUSALEMA CHALLENGE

NO PONTE DE XUVIA

Este ano a rapazada de 5º e 6º de Primaria quixo facer un reto viral que vimos polas redes  chamado Jerusalema Challenge. Os rapaces e rapazas que voluntariamente se presentaron a facer o reto dedicaron parte dos seus recreos aos ensaios.  O certo é que foi moi divertido aprender os pasos e bailar ao ritmo dunha música tan pegadiza.

Queremos presentar este reto ao resto dos socios nacioanais e  europeos  de Erasmus a ver se alguén máis se atreve a facelo.

Non nos queremos olvidar de  mostrar o noso agradacemento á  mestra de música Andrea  Río que gravou e editou o vídeo.

Aquí  tedes o resultado!!!

 

ERASMUS DECEMBRO 2020

Erasmus Decembro 2020

O día 16 e 17 de decembro participamos nas Olimpiadas de Educación Vial do Concello de Narón. En total foron 8 centros de Primaria os que competiamos. A clase que participou nas Olimpiadas foi a clase de 6º de EP.

 O día 16 fixemos a proba práctica, Sonia veu a examinar a un neno e unha nena nun circuito de habilidades na bici. Os nosos representantes foron Alba e Nuno elexidos na clase de Educación Física. O importante non era a rapidez senon a pericia na bicicleta, tiñan que facer zigzag, rotonda, camiño estreito, coller unha botella nunha mesa e poñela en outra sen tirala, e frear para tirar unha barra e deixar outra sen tirar.  Temos que dicir que Sonia nos comunicou que gañamos a proba do circuito na bicicleta.   Hip , hip  , hurrrraaaaa!!!!!!

O día 17 fixemos a proba de coñecementos, as preguntas versaban sobre 4 temas, Educación Vial, Patrimonio de Narón, o Parque de Tormentas e Inglés.  Pedro e Sonia fixeron o test online e todos os colexios participábamos á vez. Tiñamos como representantes da aula de 6º a 3 nenas e 3 nenos : Alba, Carla, Inés, Germán, Martín e Samuel.

Ao final da mañá comunicaron quen fora o gañador das Olimpiadas Viales. O ganador foi o CEIP da Gándara e o noso Centro o CEIP Ponte de Xuvia quedamos en 2ª posición. Hip, Hip…..Hurra!!!

O noso agasallo foi un vale para o Centro para desfrutar durante un ano dunha bici de aluguer do Concello. A partir do ano que vén, calquera membro da comunidade educativa poderá desfrutar da bicicleta, só terá que deixar os seus datos ao director do centro e dicir cantas horas quere dispoñer da bici. 

O outro agasallo foi un “Dron”.

Por último queremos resaltar o feito de que outro ano máis durante as dúas últimas semanas de decembro os nenos e nenas viñero ao centro cos patinetes ou bicis tuneadas de nadal. Todos os nenos e nenas que participaron recibiron como agasallo, unha gorra de policía local e participaron nun sorteo de vales de compras nos comercios locais.

Aquí vos deixamos fotos das Olimpiadas de Educación Vial e dos patinetes tuneados.

Bo Nadal e Feliz Ano 2021!!!!

 

  

ON YOUR BIKE SPAIN AND PORTUGAL 2020-2021

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEDES VER AS ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEU ATA O MOMENTO O NOSO CENTRO E O COLEXIO DE MONÇÃO EN PORTUGAL NO PROXECTO ERASMUS +(ON YOUR BIKE).

BO TRABALLO RAPACES!!!.

VENRES EN BICI

O pasado venres día 7 de febreiro comezamos unha nova proposta nos recreos. Todos os nenos e nenas que os venres veñan ao cole en bici ou en patinete poderán saír no tempo de lecer ao Paseo a dar unha volta acompañados por unha mestra.

Este venres non estaban avisados e fixemos unha proba, quedaron encantados, polo tanto a partir de agora e sempre que o tempo o permita sairemos na bici ou patinete de paseo por Xuvia. Eso si recordade que debemos levar o casco.

Temos a sorte de contar ao lado do centro dun paseo con Carril bici e queremos propoñer actividades que fomenten que os nosos nenos e nenas utilizen transportes sostibles par vir ao centro.

Así que animádevos a vir máis en bici e patinete.

ENCONTROS ERASMUS+ FERROL INFORMACIÓN

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS TEDES INFORMACIÓN DO PROGRAMA ERASMUS + FERROL QUE SE DESENVOLVEU EN FERROL O 15 E 16 DE XANEIRO E PARTICIPOU O NOSO CENTRO.

ENCONTRO INTERNACIONAL ERASMUS + FERROL 2020

 

Os días 15 e 16 de xaneiro o noso centro participou no Encontro Internacional Erasmus + Ferrol.

O encontro celebrouse o mércores día 15 no CIS da Cabana e o xoves 16 no CIFP Ferrolterra.

O día 15 todos os centros de Ferrol e Narón con proxectos coordinados polo CEFORES levamos materiais explicativos sobre o feito ata agora nos nosos centros.

Nós deseñamos un tríptico, levamos materiais elaborados para recibir aos nosos socios o ano pasado en abril, unha presentación no ordenador e materiais relacionado con Pegadas (programa deseñado polo concello de Narón para promover que os nenos e nenas veñan ao cole andando, en bici ou patinete para así contaminar menos o noso concello)

Como sabedes nos estamos no proxecto On Your Bike, tratando de fomentar o uso da bici para vir ao cole. Outros proxectos Erasmus presentados foron : My place, your place, our place, Robot Dance e Challenging Extremism.

O día 16 no CIFP Ferrolterra asistimos a charlas de membros de centros que participan en

e-twinning.

Aqui podedes ver fotos relacionadas con este encontro internacional.Premede na foto.

 

PATINETES DECORADOS

PATINETES TUNEADOS

Este ano no Nadal desde Educación Vial volveron a propoñer o tuneado de bicis e patinetes e se o ano pasado acudiron 15 nenos e nenas cos seus bicis e patinetes tuneados este ano o éxito foi total e cerca de corenta nenos e nenas de todolos ciclos animáronse a participar.

O día do festival Sonia e Pedro viñeron a premiar aos participantes. Todos levaron de agasallo un vale para acudir unha vez ao mes a Mac Donalds a comer un menú saudable de polo, auga e froita. E que estamos participando en cardioescolas e estamos moi concienciados coa importancia dunha dieta equilibrada.

Bo Nadal a todos e próspero aninovo e recordade se podes vir camiñando, no patinete ou na bici, mellor que mellor para a nosa saúde e o noso entorno.Premendo na foto teredes acceso a presentación.

Distribuir contido