Actividades

I XORNADA ABX PONTE DE XUVIA

O pasado 28 de maio e coincidindo co Día Internacional do Xogo

celebramos no cole a I Xornada de Aprendizaxe Baseada en Xogos,

convidando a alumnado e familias a compartir un tempo de xogos de mesa, no que o profesorado puxo en práctica o aprendido na formación deste curso, os nenos e nenas coñeceron mellor a ludoteca do centro e as familias descubriron as múltiples oportunidades que ofrecen este tipo de xogos.

I XORNADA ABX PONTE DE XUVIA

CADA MES UN LIBRO!

Un ano máis cada mes realizaremos unha actividade relacionada cun conto que nos permita traballar algunha das datas sinaladas.

Esta páxina irá engadindo novidades a medida que avance o curso.

Esperemos que vos guste!

 

TRUCO OU TRATO?

MONSTROS, PANTASMAS, BRUXAS E ZOMBIS CONTINUARON ENCHENDO O PONTE DE XUVIA O PASADO MARTES 31 DE OUTUBRO, DEIXÁNDONOS ALUCINANTES SORPRESAS E MOITAS RISAS NA PRIMEIRA SESIÓN DE TRUCO OU TRATO FESTEXADA NO COLE E SACANDO A RELUCIR AS NOSAS MELLORES GALAS…

OU DEBERÍAMOS DICIR AS NOSAS VESTIMENTAS MÁIS TERRORÍFICAS?

TRUCO OU TRATO SAMAÍN 2023

CABAZAS E MERENDAS...

O PASADO LUNS DÍA 30 DE OUTUBRO, TIVO LUGAR NO COLE UN ACONTECEMENTO NO QUE AS FAMILIAS, OS NENOS E NENAS, MESTRES E MESTRAS PASÁMOLO DE MEDO...

A DECORACIÓN DE CABAZAS FOI UN ÉXITO, PERO SEN LUGAR A DÚBIDAS AS MERENDAS TERRORÍFICAS DERON MEEEEEDO, TANTO POLA CANTIDADE COMA POLA CALIDADE DAS MERENDAS QUE XUNTAMOS... TODAS AS QUE POIDEMOS PROBAR ESTABAN BOÍSIMASSSSS. COMO DICÍAN AS NOSAS AVOAS: NON PERDADES AS MAÑAS ;)

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR UN ANO MÁIS!!!

 

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE ESTE PEQUENO RECOPILATORIO DE FOTOS :)

 

comeza o samaín.... de Vero Ramos

TORNEO DE XADREZ

Durante este ano celebrouse na biblioteca do centro un torneo de xadrez no que participou, de xeito voluntario, alumando de todos os cursos de Educación Primaria. Ao finalizar o torneo todas as persoas participantes recibiron unha chapa de recordo, mentres que os gañadores de cada un dos ciclos tiveron como obsequio un libro sobre o xadrez.

CLUBE DO HUMOR

O pasado venres 5 de maio celebramos na biblioteca do colo un "Clube do humor" con motivo da celebración do Día Internacional da Risa. 

É NADAL NO PONTE DE XUVIA!

Queridas familias,

Antes de rematar este 2022 e dun xeito moi orixinal queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS.

 

Agardamos que vos guste a nosa colección de gifts navideños!

 

Postal de Nadal 2022

AS CONMEMORACIÓNS DO MES

Neste curso cada mes realizarase unha actividade relacionada cun conto que traballe algunha das datas sinaladas. Esta páxina actualizarase a medida que avanza o curso. Esperemos que vos guste!

REVISTA ESCOLAR 2021 - 2022

Non queríamos rematar o curso sen mostrarvos todas as actividades e proxectos que levamos a cabo no colexio durante este curso. Para que poidades velas e descubrir os nosos traballos, aquí vos traemos a revista deste curso 2021 - 2022.

Agardamos que vos guste!

Distribuir contido