Animación á lectura
CADA MES UN LIBRO! OUTUBRO
Un curso máis a biblioteca do Ponte de Xuvia cada mes realizará unha actividade relacionada cun conto que nos permita traballar algunha das datas sinaladas ou presentar as novas aventuras que chegan ata as nosas aulas en forma de libro.
Esta páxina irá engadindo novidades a medida que avance o curso.
Esperemos que vos guste!
CADA MES UN LIBRO! SETEMBRO
Enviado por lauracabarcos o Dom, 22/09/2024 - 14:25Un curso máis a biblioteca do Ponte de Xuvia cada mes realizará unha actividade relacionada cun conto que nos permita traballar algunha das datas sinaladas ou presentar as novas aventuras que chegan ata as nosas aulas en forma de libro.
Esta páxina irá engadindo novidades a medida que avance o curso.
Esperemos que vos guste!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN
Enviado por lauracabarcos o Xov, 20/06/2024 - 13:28Xa estamos a piques de rematar o curso e pronto gozaremos dunhas divertidas e merecidas vacacións.
Polo que un ano máis queremos propor unhas recomendacións lectoras
que de seguro vos farán pasar fantásticos momentos.
Feliz verán!
UN LIBRO POR AGASALLO 2023
Enviado por lauracabarcos o Mar, 19/12/2023 - 11:44UN ANO MÁIS QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A TRAVÉS DA SEGUINTE PRESENTACIÓN ALGUNHAS SUXERENCIAS DE LIBROS DOS QUE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS PODERÁN VALERSE PARA AGASALLAR ESTE NADAL AOS VOSOS FILLOS E FILLAS.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN
Enviado por lauracabarcos o Lun, 19/06/2023 - 13:22Achégase o remate do curso e pronto gozaremos das vacacións aproveitando o noso tempo de ocio para descansar e divertirnos.
Polo que un ano máis queremos propor unhas recomendacións lectoras que de seguro vos farán pasar fantásticos momentos este verán.
Desexamos que vos gusten!
CONTACONTOS DO IES TERRA DE TRASANCOS
Enviado por bertagrueiro o Mar, 06/06/2023 - 19:22O 29 de maio recibimos a visita do alumnado de 4º da ESO que veu realizar un contacontos bilingüe en inglés e castelán para os pequenos e pequenas de Infantil. Prepararon os contos de Amelia, O coelliño branco e Chivos Chivóns. Moitas grazas por vir, pasámolo xenial na vosa compaña!
AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES
Enviado por bertagrueiro o Mar, 06/06/2023 - 19:14O pasado 26 de maio realizamos no cole unha actividade de animación á lectura, con motivo do Día das Letras Galegas, moi especial. Aproveitando o bo tempo, os nenos e nenas de 2º a 6º de Educación Primaria cóntaronlle un conto aos pequenos e pequenas de Infantil e 1º de Primaria. Ademais, despois quedamos a facer unha xornada de convivencia entre todo o alumnado do centro. Foi unha experiencia marabillosa!
Amadriñamentos e apadriñamentos lectores de Berta Grueiro
VISITA DE FON
Enviado por bertagrueiro o Xov, 25/05/2023 - 10:26O pasado 18 de maio os nenos e nenas de 5 anos e de 2º de Primaria tiveron a sorte de desfrutar dun obradoiro de ilustración de cómic a cargo de Fon Barreiro, autor de obras coma Gazafellos ou Troglo & dita. Pasárono xenial e aprenderon unha chea de cousas sobre a ilustración das bandas deseñadas.
ANIMACIÓN Á LECTURA
Enviado por bertagrueiro o Xov, 25/05/2023 - 10:17O pasado 27 e 28 de marzo, os nenos e nenas de Infantil e Primaria tiveron a oportunidade de realizar unhas divertidas actividades de animación que potenciaron unha vez máis o noso amor polos libros. Grazas novamente a Vicky descubrimos como interpretar os diferentes roles que aparecían nos libros, pasando un rato agradable e cheo de risas.
Contacontos marzo 2023 de Berta Grueiro
CONTACONTOS FAMILIARES
Enviado por bertagrueiro o Lun, 15/05/2023 - 09:35A semana do 24 ao 28 de abril, con motivo da conmemoración do Día do Libro, desfrutamos de contacontos por parte das familias tanto na biblioteca do cole coma nas aula. Foi unha experiencia marabillosa na que desfrutamos unha chea dese tempiño coas familias. Moitas grazas!
Día do libro 2023 de Berta Grueiro
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »