Proxectos
Investigación sobre o río Xuvia
Durante este curso fixemos un extenso traballo de investigación sobre o río que percorre ao lado do noso colexio, o río grande de Xuvia. Aprendimos unha morea de cousas e, ben por equipos, ben individualmente, fomos traballando distintos aspectos relacionados co tema.
Premendo nas distintas imaxes veredes vídeos coas exposicións que fixemos sobre o tema e os nosos traballos.
MURAL E TRABALLOS DO ALUMNADO
FÁBRICAS - EQUIPO 1 |
CASTELOS E ASTELEIROS - EQUIPO 2 |
PONTES - EQUIPO 3 |
MUÍÑOS - EQUIPO 4 |
PRESAS E PISCIFACTORÍA - EQUIPO 5 |
|
PATRIMONIO
FLORA
ANFIBIOS |
AVES |
INSECTOS |
MAMÍFEROS |
RÉPTILES |
PEIXES |
FAUNA
Exposicións na clase:O sistema Solar
Un dos temas que se traballaron na área de Ciencias sociais foi o sistema Solar, o cal gustou moito a todos e nos levou a traer a clase maquetas nas que podiamos ver todo o noso universo e os planetas en funcionamento.
As nenas que fixeron esta actividade foron Sara Gil, que fixo a súa propia maqueta, e Esther e Uxía que aproveitaron as que fixeran seus irmáns para clase en cursos anteriores. Premendo nas imaxes poderedes ver os vídeos das exposicións de Esther e Uxía... Por desgracia a profe quedou sen batería para grabar a Sara Gil...
Teatro: Eu non fun
Mentres algúns compañeiros e compañeiras foron a andar en bicicleta, os que quedamos na escola preparamos unha obriña de teatro para representarlles cando voltasen: "Eu non fun". Unha divertida historia dunha nena que está no establo cos animais e que recibe un couce dunha vaca, mais por culpa de quen??
Tanto nos gustou a obra que decidimos formar grupos e saír pola escola a representala xunto cos nenos e nenas de 4º de Primaria. Premendo nas imaxes poderedes ver os vídeos das nosas actuacións.
GRUPO 1 GRUPO 2 GRUPO 3 GRUPO 4