Proxectos

PDI ReCreando o noso espazo

Como proxecto documental integrado deste curso, decidimos que sería moi interesante modificar a nosa contorna para poder facer dela un lugar moito máis útil e, sobre todo, que nos permita disfrutar e pasar o noso tempo de lecer do mellor xeito posible.

Así, o primeiro que fixemos foi imaxinar como nos gustaría que fose o noso cole. A partires de aí veremos como podemos axudar a facer da nosa escola un lugar mellor.

Pouco a pouco vos iremos contando que imos facendo!!

 

Ficción dixital

Durante este curso estivemos a traballar o xogo e a arte e, para unilos, estivemos a coñecer videoxogos algo distintos do que estamos acostumados onde os rasgos artísticos son imprescindibles ademais de facernos pasar un bo rato.

Primeiro xogamos a "A duck has an adventura" un hypercomic que nos divertiu moito e a partires do cal fixemos un programa de radio.

Tamén xogamos a Chuchel, onde unha pelusa moi divertida pedía axuda para poder conseguir a súa anisada cereixa.

E, para rematar, disfrutamos con Botanícula onde disfrutamos da natureza ademais de divertirnos xogando.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.

Proxecto xogos de mesa

Ao longo deste curso, o cole meteuse de cabeza na aprendizaxe baseada en xogos. Pensamos que o alumnado aprende moito máis e mellor se o fai xgando porque, ademais de divertirse, traballamos contidos, melloramos as nosas competencias sociais e aprendemos a competir e a cooperar dun xeito guiado.

Case todas as semanas adicamos unha ou dúas horas a xogar a xogos de mesa de diferentes tipos: linguas, matemáticas, atención, cooperativos... Estas actividades, ademais de divertidas, nos facían comprender mellor contidos como as fraccións, o cálculo, facer teatro, mellorar o noso vocabulario, facer estratexias de cooperación...

Como o pasabamos tan ben, decidimos convidar ás familias a pasar un tempo con nós e, durante unhas semanas, estivemos a recibir aos nosos familiares e pasamos un estupendo tempo xuntos xogando e divertíndonos.

Como o noso PDI deste ano vai dirixido ás belas artes, decidimos facer xogos de mesa para que os peques do cole poidan aprender máis das belas artes dun xeito divertido. Así unificamos os polos creativos e a aprendizaxe baseada en xogos para crear os nosos propios.

Pensamos que non podiamos pasar o cursod e mellor xeito que xogando. Ademais, moitos de nós comezamos a pasar máis do noso tempo de lecer xogando a xogos de mesa e comezamos a pedir máis xogos polo nadal ou os aniversarios.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo de todas estas actividades.

Agardamos que o curso que vén poidamos seguir utilizando os xogos como ferramenta de aprendizaxe dado o bo resultado que tivemos este curso.

 

Proxecto experimentos - actividades de aula

Este ano, para comprender mellor os conceptos traballados no tema da materia en Ciencias da Natureza, fixemos un pequeno proxecto sobre experimentos nos que, ademais de aprender, nos divertimos un montón e nos permitiu poñernos as botas despois na clase cos ricos alimentos que prepararon algúns alumnos e alumnas.

Naira fixo uns riquísimos iogures, Pablo unhas magdalenas deliciosas, Hansy un marabilloso biscoito de chocolate, Lucía unhas doces galletas e Martín un espectacular experimento con xeo seco que nos deixou a todos coa boca aberta.

VÍDEO DE NAIRA

 

VÍDEO DE MARTÍN

 

VÍDEO DE HANSY

 

VÍDEO DE PABLO

Actuación de Iván coa guitarra eléctrica

Dado que estamos no cole estudando as belas artes, estamos a intentar que o noso alumnado nos amose as súas facetas máis artísticas.

Desta vez tocoulle a Iván, que nos deu un súper concerto coa súa guitarra eléctrica e nos amosou a marabillosa canción que el mesmo compuxo.

Temos un grande artista na escola e queremos que vexades o ben que o fixo!!

Premendo na imaxe podedes ver a súa actuación.

Misión Alba: reto 2: ¿Por qué se mueven las cosas?

E continuamos coa nosa misión dentro do proxecto Misión Alba. Neste caso buscamos entender por que se moven as cousas coa forza invisible da imantación.

Para isto utilizamos un compás que sempre nos apuntaba cara ao norte pero, que sucede se lle achegamos un imán ao compás? Pois que, de repente, deixa de apuntar ao norte e apunta ao imán.

E se creamos un circuíto eléctrico e o achegamos ao compás? Pois o mesmo, que a agulla apunta ao circuíto...

E por que sucede isto? Pois pola enerxía magnética que hai ao noso redor.

Unha actividade entretida e interesante que nos axudou a entender mellor estes temas tan complexos.

Agora, a prepararse para o 3º reto!!

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.

 

Martín tráenos un bulbo

Martín, o noso apaixoado das plantas, segue a amosarnos todo o que sabe sobre as mesmas e, nesta ocasión, tróuxonos a clase un bulbo nun tarro de cristal para que poidamos ver como vai medrando.

Pouco a pouco fóronlle saindo as raíces e, antes do Nadal, xa comezaba a asomar o talo.

Veremos o que nos atopamos á volta!!

Graciñas e segue a ensinarnos tanto. É un gusto ver a rapaces tan pequenos con tantas ganas de aprender e ensinar!!

  

Nacho fálanos do Efecto Invernadoiro

Xa que estamos a falar das plantas, Nacho fíxonos unha marabillosa presentación sobre o efecto invernadoiro na que aprendimos moito sobre un tema que era bastante complicado para nós.

Foi unha marabilla e dá gusto ver como se implican nas súas aprendizaxes.

Se premedes na imaxe podedes ver a súa súper presentación.

Moitas grazas e estamos encantados de ver todo o que nos tes que ensinar!!

 

 

MISIÓN ALBA: Reto 1: "¿Sólo existe lo que vemos?"

Para poder aprender e disfrutar da ciencia, este curso estamos inmersos nun proxecto chamado "Misión Alba" que nos propuxeron dende o Sincotrón Alba, a maior infraestrutura tecnolóxica e científica de toda España situada en Cerdanyola del Vallés en Cataluña.

Este primeiro reto ten por título "¿Sólo existe lo que vemos?" e nos axuda a comprender que os gases ocupan espacio e que, se xuntamos certos eementos como o bicarbonato e o vinagre, se produce unha reacción química que fai que poidamos inflar un globo e mesmo apagar unhas candeas.

Ademais, despois toca reflexionar por que sucedeu e intentar dar unha resposta científica ao que estamos a facer. Ás veces non saía como queriamos pero sempre aprendemos porque os erros son a mellor forma de acadar algo.

Foi moi divertido e aprendimos un montón!! Xa estamos agardando a que nos propoñan o seguinte reto!!

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.

 

Plantas carnívoras por Martín

Martín, o noso apaixoado das plantas e animais, nos falou na clase dunha das súas grandes aficcións: as plantas carnívoras.

Escoitando o que nos contaba nos deu unha grande lección sobre estas plantas que ninguén coñecía pero que, a partires de agora, todos e todas imos ser expertos no seu coidado.

Foi unha experiencia tan bonita que o alumnado de 4º non dubidou en participar dela. Tanto lles gustou que aplaudiron a rabiar a Martín por todo o que lles ensinou.

É un orgullo ver aos pequenos que adoran o medio ambiente e, sen dúbida, van facer deste mundo un lugar mellor.

Ademais, tivo o detalle de deixarnos tres das súas plantiñas na aula ás que alimentamos e coidamos con moito amor. Moitísimas grazas!!!

                 

 

 

Distribuir contido