cantiga do entroido

Os nenos de 1º e 2º curso de primaria imos cantar e bailar ó ritmo de Fatou Yo, unha canción senegalesa cantada por Faltriqueira, un grande grupo de rapazas galegas. No vídeo podemos ver a canción orixinal.

Ademais tamén imos bailar ó son da música de Oceanía coa canción Epo e Tai, tradicional canción infantil que neste vídeo pode verse coas danzas propias dos aborixes australianos.