Historia do centro
O C.E.I.P Ponte de Xuvia de Narón é un Centro que data dos anos 60. Moitos foron os cambios ata chegar a ser o que todos coñecemos hoxe en día.
Naceu como escola Unitaria, con vivenda para os mestres na que se impartían clases a nenos/as nunha mesma aula.
Posteriormente pasou a ser o que se denominaba escola de nenos e nenas. Dúas das vivendas foron cedidas polos mestres /as ó Concello e habilitáronse para novas aulas para así poder aumenta-lo Centro, quedando só unha ocupada por mestres.
Despois converteuse nunha escola Graduada na que se impartían clases de Preescolar e E.X.B., pero ata Ciclo Medio. Tendo durante moitos anos varios cursos xuntos ó non dota-la administración do persoal necesario.
Co paso do tempo e despois dun sinfín de reivindicacións conseguiuse: un edificio novo, que posteriormente foi ampliado que é o que hoxe ocupan as aulas de Infantil, Despachos, Biblioteca, Conserxería, Sala de profesores e aula de Música. Quedando o antigo edificio só para Ensino Primario. Tamén habilitouse un patio de recreo cousa do que antes se carecía.
Fachada exterior edificio de Primaria