MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

O 7 de novembro celebramos no noso centro o magosto. O castañeiro acudiu co seu tren para asar e repartir castañas para todos. Estaban deliciosas. Acompañamos estes froitos de outono con leite e zume.As familias estaban convidadas e participaron na degustación.Aproveitamos para celebrar tamén o Día do Peón. Os nenos e nenas trouxeron da casa os seus trombos, e cos que había no centro xuntamos diferentes tipos. Houbo outros xogos populares coma chapas, mariolas e ioiós. O mellor foi que desde ese día nos recreos xogamos cos peóns e xa estamos a pensar nun torneo.

 
 

Presentación Proyecto Trabajo Doodle Orgánico Multicolor de Purificación Fachal Corbeira