Calendario de eleccións ao consello escolar
De acordo co decreto 92/1988 da Xunta de Galicia, do 28 de abril D.O.G. do 29, polo que se regulan os órganos de goberno dos colexios públicos, lévase a cabo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, de acordo co calendario fixado pola Resolución do 10 de setembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia 18/09/2024)
Nesta resolución indícase o seguinte:
∙ O dereito a elixir e a ser elixido/a correspóndelle ao pai e a nai, ou, no seu caso, aos titores legais.
∙ O Censo está exposto no taboleiro: Se algún pai /nai non está no censo ou algún dato é erróneo deberá comunicalo o máis axiña posible na secretaría do centro (data límite 6 de novembro).
∙ A Mesa electoral estará formada pola directora do centro, que será a presidenta, e catro pais/nais designados en sorteo público, que terá lugar na secretaría do centro o día 11 de novembro ás 9 horas.
∙ Poderanse presentar as candidaturas de 29 de outubro ao 8 de novembro.
∙ A proclamación definitiva de candidatos, despois das posibles reclamacións, a realizará a Xunta Electoral, que está formada pola directora, como presidenta, un pai/nai, e un mestre/a que actuarán como vocais. O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector/a acreditará a súa identidade.
∙ Cada elector fará constar na papeleta un máximo dunha cruz que sinale o/a candidato /a que elixe. Serán nulas as papeletas con máis cruces.
∙ Ao remate das eleccións se procederá ao escrutinio público e levantamento das actas correspondentes.
∙ A votación terá lugar o martes 19 de novembro en horario de 9 a 9:50 h e de 14:00 a 14:30 h.
∙ A organización e supervisión estará a cargo da Xunta electoral.
No arquivo adxunto poñemos á vosa disposición o calendario de actuacións que seguiremos no desenvolvemento destas eleccións.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
circular informativa familias consello escolar.pdf | 121.05 KB |
CALENDARIO CONSELLO.pdf | 126.8 KB |