Fondo libros 2024/25

 

Estimadas familias:

Segundo a Orde do 7 de maio de 2024, hoxe día 21 de maio comeza o prazo para a presentación de solicitudes do fondo de libros de texto e axudas para material. Este prazo remata o día 21 de xuño (incluído).

A solicitude pode facerse de xeito electrónico con Chave 365 ou DNI electrónico, ou ben de xeito presencial no centro cubrindo os Anexos I e II que se adxuntan e entregándoos en dirección.

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información pertinente e os Anexos que debedes utilizar para a solicitude.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

AdxuntoTamaño
ManualUsuario FondoLibros.pdf2.18 MB
anexos I e II fondo libros.pdf3.49 MB