Visita de Jaime Pablo Díaz
E seguimos coas visitas de artistas. Neste caso tivemos o inmenso pracer de recibir na nosa clase a Jaime Pablo Díaz, bailarín e director da compañía Nova Galega de Danza.
Contounos a súa historia e a súa viaxe polo mundo da danza dende que comezou nunha pequena compañía de baile, do seu paso polo ballet Rey de Viana e rematando fundando a súa propia compañía na que utiliza a base do baile tradicional galego fusionándoo coa danza clásica, contemporánea e mesmo co flamenco.
Púxonos algúns vídeos de actuacións da súa compañía e mesmo nos bailou un pouco e desfrutou cos nosos bailes.
Foi unha xornada marabillosa na que Jaime nos amosou a súa paixón pola danza, pola súa terra e nos deixou fascinado pola excelente persoa que é.
Podedes ver máis información desta compañía na seguinte ligazón: NOVA GALEGA DE DANZA
Premendo na imaxe podedes ver un vídeo dalgunhas das cousiñas que nos contou. Foi un inmenso pracer telo con nós e estaremos encantados de que nos visite sempre que queira. Moitísimas grazas!!