STORYTELLING Y6
Os nenos e nenas de 6º de EP fixemos unha actividade moi divertida: contar contos en inglés! A clase dividiuse en grupos e a cada grupo asignóuselle un curso dos máis pequenos do cole (4º, 5º e 6º EI, 1º e 2º EP) e un libro axeitado á súa idade. Grazas a esta actividade, tanto nós como eles e elas aprendemos moito inglés e pasámolo xenial. Nithin axudounos practicando moito cada venres.
Se premedes na seguinte imaxe, podedes ver algunhas fotos.
E a continuación un breve texto de dous compoñentes dun deses grupos.
“O libro que nos tocou ler ao noso grupo foi "At the zoo". Repartímonos así os papeis:
-Xavi, como narrador
-Lucas, o encargado de ler o texto dos animais do zoo.
-Valeria, como Lizzie (a protagonista).
-Inés, como a nai de Lizzie.
Coa axuda de Nithin (o noso auxiliar de conversa) preparámolo na clase léndoo e interpretándoo varias veces para ter unha lectura máis fluída.
Finalmente lémoslle o conto á clase de 2º de Primaria.”
Inés M., Alex, Antía, Lucas and Iago.
6º EP