PROBAS GRUPAIS
No centro levamos a cabo diferentes probas a nivel grupo que están contempladas dentro do Plan de Atención á Diversidade, con elas pretendemos identificar aquel alumnado que ten dificultades nalgún aspecto concreto ou, incluso, algún grupo que deba traballar algo concreto.
Estas probas contan para a nota? Que valoran?
Non. O alumnado é coñecedor de que non conta para a nota e explícaselles que non se trata dunha avaliación dunha materia concreta, se non que se valoran esas "pequenas cousiñas" que utilizan no seu día a día: comprensión oral e escrita, atención, cálculo, planificación, lóxica, control espacial, etc.
Por que se fai con todo o grupo e non so cun neno/a en concreto?
As probas estandarizadas teñen baremos españois, é dicir, os investigadores que crearon a proba utilizaron nenos e nenas de todo o territorio español para elaborar o que se entende como "promedio" e todo o que queda por enriba e por abaixo. O feito de ter estos baremos fai que os resultados sexan en función de toda esa poboación, e iso está ben para saber onde nos situamos con respecto ao esperado por idade ou curso; pero se o facemos con todo o grupo, podemos tamén observar que igual toda esa clase acada unha puntuación baixa (ou alta) nunha tarefa concreta, o cal indica que non se trata de que un neno/a teña unha dificultade, se non que é algo a traballar con todo o grupo.
Os resultados vanse dar a coñecer ás familias?
Estas probas son unhas probas xenéricas, de identificación de posibles necesidades, polo que só nos poñeremos en contacto con aquelas familias nas que o neno/a obteña uns resultados que nos fagan sospeitar de que pode haber unha dificultade. No caso de que os resultados estén dentro do esperado, non haberá comunicación á familia.
Isto quere dicir que se o meu fillo/a está dentro da normalidade non podo ver o que fixo?
PARA NADA. Calquera familia que esté interesada en coñecer os resultados pode solicitar cita ca orientadora (a través da titora ou a través do email) e ver o que o seu fillo/a fixo.
Calquera dúbida que poda xurdir ao respecto, pode acudirse tanto ás titoras como á orientadora do centro.