Obra de teatro en inglés - Afundación (Ferrol)

   O venres, 19 de xaneiro, os nenos e nenas de 5º e 6º fomos a “Afundación” en Ferrol. Vimos unha obra de teatro en inglés titulada “Trouble in the jungle”.

   A obra foi moi interesante, moi divertida e moi bonita. Tamén ensinaba a respectar a natureza. Os que facían a obra eran só dous actores, moi amables e divertidos e con moita interacción co público. Eles interpretaban a tres personaxes e escolleron nenos/as para outros catro.

   Os personaxes eran: Zonia, Donald Dump, Shaman, Junior, Monkey, Toucan and Leopard. O elixido para interpretar o mono foi un rapaz de 6º do noso cole. Aplaudímoslle moito. Por certo, este neno saíu tamén na obra en inglés do curso pasado!

   A obra vai sobre un home rico que quere facer dano na xungla, pero un grupo liderado por unha nativa non lle deixa.

   Gustounos moito a obra e, a pesar de que non sabemos moito inglés, entendíase moi ben.

   Os personaxes favoritos para moitos/as de nós foron Zonia, Junior e Monkey.  A música foi o que menos gustou.

 

   Coa axuda do noso auxiliar de conversa tamén escribimos en inglés unha breve noticia sobre esta saída:


   On 19th of January the students of Y5 and Y6 went to watch a play titled “Trouble in the Jungle” in Ferrol. The play was fun and entertaining, with music, dance and rap songs.

   There were three main protagonists named Donald, Zonia and Shaman. And four volunteers were chosen from the audience to play the role of three animals and Junior. A student from Y6 volunteered to play the role of “Monkey”.

   All the audience joined the characters to sing the songs.

Alumnado de 5º EP