BYE-BYE CAROLINE!

O 31 de maio despedimos a Caroline!

Uns días antes o alumnado de 5º fíxolle unha entrevista na radio (Uns Minutos con Caroline) e comentounos que estivo moi contenta traballando no noso cole, pero que para o próximo curso solicitou un centro en Madrid. Nós estariamos felices se volvese, e ímola botar moito de menos, pero entendemos que queira coñecer outros lugares de España e outros colexios. Desexámoslle moita sorte!

E como despedida, todo o alumnado e equipo docente xuntámonos no patio despois do recreo para dicirlle adeus e entregarlle un agasallo: tres libriños que contiñan os debuxos que, con moito agarimo, lle fixo todo o alumnado.

Goodbye and good luck, Caroline!

 

 

 

Premer nesta imaxe para

ver un pequeno vídeo: