pandilla Lacasitos: Últimos Episodios e Despedida

Nesta ocasión a Pandilla Lacasitos elabora diferentes episodios de forma libre e non dirixida. Eles mesmos decidirán de que van falar, que queren contar, e buscarán a información en libros e internet. Ademáis terán que escribir o guión nun folio en branco e dar estrutura e forma ao contido. Así, poñerán en práctica o aprendido neste curso radiofónico. Esperamos que vos guste escoitalo tanto coma a nós facelo.

Por outra banda tamén traemos o  último programa da Pandilla Lacasitos desta tempada. Nel todos "os lacasitos" van pasando polos micros para contar que foi o que máis lles gustou do curso, e para despedirse persoalmente dos nosos oíntes. Grazas a todos por coseguir que a "Pandilla Lacasitos" chegara áta aquí. O ano que ven tentaremos volver con máis cousas. Unha aperta!!!