Visita ao clube de atletismo de Narón
O clube de atletismo de Narón convidou ao alumnado de 3º a 6º de primaria a unha actividade na que podían coñecer as distintas modalidades que se practican no atletismo e así amosarlles que este deporte non son só carreiras.
Pasamos unha mañá estupenda e algúns de nós xa estamos pensando en apuntarnos para realizar atletismo polo ben que o pasamos!!
Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.