QUE COMERÁN OS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS?
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 22/04/2023 - 00:31
QUE COMERÁN OS SUPERHEROES E AS SUPERHEROINAS? POIS O TIÑAMOS MOI CLARO ALGUÉN NOS TIÑA QUE INFORMAR SOBRE A ALIMENTACIÓN E ALBA,A NAI DE ESTELA,VEU A NOSA AULA A FALARNOS DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE E EXPLICOUNOS QUE É A PIRÁMIDE ALIMENTARIA,QUE ALIMENTOS TEMOS QUE COMER HABITUALMENTE E CALES NON PODEMOS ABUSAR.FIXEMOS A NOSA PIRÁMIDE E DESPOIS PARA REMATAR FIXEMOS UNHAS BROCHETAS DE FROITA(SANDÍA,AMORODO,PLÁTANO E MANGO) E O ACOMPAÑAMOS CUN DELICIOSO CHOCOLATE.POIS FALAMOS QUE OS CHUCHES,CHOCOLATE,XEADOS...NON DEBEMOS COMER TODOS OS DÍAS PERO SÍ EN OCASIÓNS ESPECIAIS(ANIVERSARIOS,FESTAS,CELEBRACIÓNS...) E ESTA OCASIÓN ERA MOI ESPECIAL . DESPOIS PARA REMATAR A SESIÓN FIXEMOS UN TRABALLO ONDE ESCRIBIMOS QUE COMEN OS SUPERHEROES E O DEBUXAMOS. QUEREMOS AGRADECER A ALBA E IAGO POR VIR A NOSA AULA E PASAR UN TEMPO CON NÓS.UNHA APERTA E UN BICO DA CLASE DE 5 ANOS.
QUE COMERÁN OS SUPEREROES de maria