"EASTER EGG HUNT" NO CEIP PONTE DE XUVIA
Enviado por argarcia o Ven, 31/03/2023 - 18:46
Na semana previa ás vacacións de Semana Santa traballamos sobre "Easter", tanto en Plástica como nas clases de Inglés.
Caroline, a nosa auxiliar de conversa, falounos de como se celebran estas datas nos Estados Unidos.
O remate final foi ... "The Easter Egg Hunt". Cada clase saíu ao parque do paseo onde o alumnado tivo que buscar ovos de chocolate agochados previamente por Caroline.
E o venres, tocoulle ao profesorado e ao persoal non docente buscar os ovos que nenos e nenas agocharan no patio.
Foi moi divertido e os ovos de chocolate estaban moi saborosos!