Visita ao concello de Narón

Como actividade subvencionada polo concello de Narón, este ano fomos visitar o concello e as súas dependencias. Alí nos explicaron un pouco como funciona o concello, os trámites que alí podemos facer e tivemos unha reunión coa alcaldesa que nos explicou a súa experiencia no cargo, as súas funcións e foi moi amable con nós, contestando a todo o que lle preguntamos.

Esta actividade nos axudou bastante a meternos no mundo da política municipal para así poder saber como implicarnos nela de maiores se estamos interesados.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo do que fixemos nesta saída.