Visita ao IES Fernando Esquío

Xa somos maiores e o curso que vén imos ao instituto. Como a maioría de nós imos ao IES Fernando Esquío fomos coa profe e a orientadora a visitar o centro para saber o que alí nos agarda a partires de setembro. 

Nos amosaron as distintas dependencias, os patios e nos contaron un pouco o que alí fan: clubes de lectura, escola de rock, olimpiadas culturais...

Saímos bastante contentos e con máis ganas de ir ademais de atoparnos con amigos e antigos alumnos e alumnas do cole.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo no que se ven certas partes do centro.