Visita de Ramón D. Veiga

Este ano estamos a intentar coñecer xente que nos amose que a cultura é algo do que tamñen podemos vivir. Así, coñecimos a Ramón D. Veiga, un escritor de libros tardío que comezou a súa andaina escribindo libros para a súa querida filla Violeta e que, pocuo a pouco, descubriu que, ademais de editor, escribir tamén pode ser outra das cousas da que podería vivir.

Ademais de contarnos a súa historia, nos falou dalgúns dos seus libros como "Violeta quere ser vampiro", "A araña que lle tiña medo ás arañas" ou os seus comics "Miñoca e pega" e "Miñoca e coello" que foron os que centraron a súa visita.

Por outra banda, nos enseñou como facer un comic, como debuxar distintos estados de aánimo nos personaxes e nos prestou aos seus queridos miñoca e coello para que puidesemos xogar con eles.

Foi unha visita moi entretida e divertida e que nos fixo ver que a literatura é un divertimento ademais dunha aprendizaxe.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo dese día