Charla de Asotrame

Durante este curso, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibimos unha charla da asociación galega de transplantados de médula ósea ASOTRAME que nos axudou moito a entender a importancia da doazón de médula ósea para pacientes oncohematolóxicos. Unha doazón non tan común como a de sangue pero que salva moitas vidas.

Para esta actividade recibimos a visita de María, a representante de Asotrame que nos explicou todo o relacionado coa asociación e o transplante de médula, e de Juancho, ferrolán e trasplantado de médula hai 12 anos que nos contou a súa experiencia e como a doazón de médula lle axudou a sobrepasar a súa enfermidade.

Foi unha actividade moi interesante e na que aprendemos un montón.