Obradoiros de electricidade e cestería

Para ir rematando o trimestre, fixemos unha saída ao Muíño de Pedroso para aprender nunha contorna espectacular. Da man das monitoras de Tempus, fixemos dous obradoiros ben distintos pero con alto interese para a clase. 

Por un lado, levamos a cabo un obradoiro de circuítos eléctricos que,se ben o curso pasado xa nos iniciamos no tema, nos pareceu algo complicado pero, despois deste obradoiro, vimos que non era tan difícil e nos axudou moito a aprender contidos que estamos a traballar este curso relacionados coa electricidade.

Por outro lado, fixemos un obradoiro de cestería que nos trasladou ao pasado xa que, ademais de levalo a cabo dentro do mesmo muíño, nos lembrou a épocas pasadas onde as crianzas faciamos cestos de mimbre ou de xuncos como diversión e, de paso, nos levabamos para casa uns bonitos cestos para poder meter cousas dentro.Aínda que nun principio nos pareceu algo complicado, despois vimos o entretida que é a actividade e nos quedaron uns cestos ben feitiños.

Premendo na imaxe poderedes ver algunhas imaxes e vídeos desta actividade.