MAGOSTO 2022
Enviado por lauracabarcos o Mar, 06/12/2022 - 17:54
Despois do Samaín non podíamos deixar de festexar o Outono achegando O Magosto ata o CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia.
Así que un ano máis preparamos uns curiosos cucuruchos con material reciclado e comimos as castañas asadas que tanto nos gustan.
Aquí vos deixamos un vídeo para compartir esta rica e divertida xornada!