CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Un ano máis celebramos no centro o concurso de postais de Nadal, no que participaron todas as alumnas e alumnos do noso cole aportando creación moi orixinais. Unha vez finalizado, queremos mostrarvos as postais gañadoras deste curso 2021/2022.

 

Infantil, 1ºEP e 2º EP recibiron un libro en galego para toda a clase e desde 3º EP ata 6º EP os premios foron individuais. A lista dos libros é a seguinte:

 

Clase de 3 anos: Non fai falta a voz.

Clase de 4 anos: Daniela Pirata.

Clase de 5 anos: Maruxa.

Clase de 1ºEP: Grazas.

Clase de 2ºEP: Grazas.

3º EP: a postal gañadora en 3º A foi a de Julia e en 3º B, a de Micaela; ambas levaron como agasallo  A bruxa Selana.

4ºEP a postal gañadora foi a de Minh, que levou como agasallo  A avoa gánster.

5ºEP a postal gañadora foi a de María, que levou como agasallo  O asesinato da profesora de xeografía.

6ºEP: a postal gañadora foi a de Andrea, que levou como agasallo Formigas. Misión Camiño de Santiago.

 

No seguinte vídeo podedes ver as postais gañadoras. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!

 

Felices festas para todas e todos!