MAGOSTO 2021
Enviado por lauracabarcos o Dom, 21/11/2021 - 08:49
Despois das cabazas continuamos dando vida ao Outono celebrando desde o CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia o Magosto.
Un ano máis fixemos en cada aula unha sorprendente manualidade con diferentes froitos de outono, dando forma a unha fantástica exposición da que todos puidemos gozar o mércores 10 de Novembro.
Non podíamos deixar tampouco de comer as ricas castañas que tanto nos gustan e culminamos a celebración participando nunha curiosa procura do tesouro co mestre de Educación Física.
Aquí vos deixamos un vídeo para compartir os curiosos resultados destes días de traballo e diversión.