Os traxes tradicionais

As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria queremos mostrarvos a nosa investigación e participación nesta longa e emocionante aventura que durante este curso está levando a Nicoleo de viaxe por todo o mundo e que está a piques de rematar. Coa nosa aportación poderedes coñecer os traxes tradicionais de diferentes países, así como os seus nomes e prendas que os compoñen. Esperamos que vos guste!