A DISFRUTAR CO DEPORTE

 

Levamos a cabo actividades motrices con Educación Infantil, co obxectivo principal de fomentar o movemento desde idades temperás, a través da PSICOMOTRICIDADE.

Co alumnado de primeiro desenvolvimos os contidos principalmente a través do xogo.De maneira global traballamos a diferentes habilidades de desplazamentos,lanzamentos,saltos e xiros.Onde favorecemos a puntería e a capacidade de velocidade e control motor.

En segundo curso,levamos a cabo circuitos para favorecer a consolidación das habilidades perceptivo motrices e practicar as habilidades motrices básicas.Ademáis a través do xogo, facendo fincapé no xogo popular e tradicional,realizamos lanzamentos e punterías para concretar o traballo da coordinación óculo manual.

En terceiro de primaria ademáis da consolidación das habilidades motrices básicas en circuitos, e do traballo de lanzamentos e punterías a través do xogo popular e tradicional, levamos a cabo actividades de iniciación de habilidades motrices básicas con balón. Practicando actividades e xogos para aprender o bote, múltiples tipos de pases con diferentes tipos de pelotas, e lanzamentos e recepcións.

Coa clase de 4º desenvolvemos multitude de xogos e actividades para o traballo de habilidades motrices básicas con e sen obxectos. Consolidamos a práctica do bote, os lanzamentos e recepcións, e os pases, utilizando como recurso o xogo.

Levamos a cabo unha ruta polo paseo “sobre rodas”, o alumnado leva bicicletas ou patinete según elección.

Ligado á conmemoración do día da PAZ, favorecendo o traballo en grupo e a resolución de problemas, propoñemos un reto cooperativo ao alumnado, vinculado á expresión corporal. (PALABRA “PAZ”).

Con 5º a través dunha iniciación deportiva, poñemos en práctica diferentes deportes, a colación do proxecto de biblioteca “Nicoleo viaxa polo mundo”.

O alumnado recopila información previa acerca dun deporte alternativo FLOORBALL, que posteriormente practicarán. É un deporte colectivo que se leva a cabo cun stick e unha bola e o obxectivo é marcar punto (meter gol) na portería do equipo contrario. Desenvolven habilidades como a conducción, os pases, e o tiro. Tras o aprendido, propoñemos situacións de xogo adaptadas.

Ademáis, practican o BALONCESTO, favorecen o desenvolvemento de habilidades como o bote, o tiro a canasta, e os tipos de pases propios deste deporte; concretamente o pase de “peito”, o pase “picado” e o pase por enriba da cabeza.

Con 6º curso facemos unha achega á expresión corporal: un reto por parellas para traballar fundamentalmente o ritmo e a coordinación fóra do horario lectivo (reto do baile cos pés, coa canción OH NA NA NA!) e unha montaxe grupal en referencia á conmemoración do dia da PAZ, unha representación corporal do símbolo da PAZ.