MAIOS 2021
Enviado por carmenvazquez o Dom, 16/05/2021 - 17:01
CEIP Ponte de Xubia |
|
Iniciar sesión: Acceso
|
CANTAREIRAS E POESÍA POPULARLETRAS GALEGAS 2025 |
MAIOS 2021
Enviado por carmenvazquez o Dom, 16/05/2021 - 17:01
OS MAIOSEsta festa é unha exhaltación a natureza e celébrase ao comezo da primavera; a súa orixe remóntase ás civilizacións prerromanas. Adóitase celebrar o 1 de maio. Nas Rías Baixas a xente pon ramos de xestas nas portas e nos coches para atraer a boa sorte o día 30 de abril.Un maio na súa forma tradicional é unha estructura de madeira de forma piramidal, pero tamén pode ter outras formas, coma pontes, hórreos, cruceiros, animais, etc en Marín por exemplo fanna en forma de barco. As estruturas teñen flores, follas, fiunchos, froitos e mesmo ovos. A xente acompaña aos maios cantando coplas. Era habitual pedir aguinaldo , antigamente dábanse castañas secas hoxe en día a xente da cartos. É costume tamén facer competicións premiando os mellores maios e as mellores cantigas.Este curso escolar 2020-21 pese a pandemia non nos quixemos olvidar de celebrar os maios e todos os cursos e mestres participaron na celebración de esta tradición.Desde a área de Plástica todos os cursos de Primaria fixeron flores e motivos primaverais para confeccionar parte dunha cantiga popular dos maios e adornaron as fiestras. A cantiga di: Xa chegou o maio moi ledo e riseiro.Outros cursos puxeron ramos nas fiestras e portas para atraer a boa sorte; os máis pequenos fixeron manualidades florais. Tamén se decoraron as inicias dos nomes dos nenos e nenas con flores, fixéronse flores de plastilina e recolléronse flores polo parque de Xuvia para facer un cadro.Aquí vos deixamos unha presentación de todos os traballos feitos no centro. Espero que vos guste. |
Eventos |