ACTIVIDADES SEMANAIS

LEVAMOS UNHAS SEMANAS TRABALLANDO UN MONTÓN.PREPARANDO A NOSA TAREFA PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO.REGANDO A NOSA PLANTA AÉREA E A NOSA MARGARIDA.OBSERVANDO UNS OVOS DE COR AZUL QUE POÑEN UNHAS GALIÑAS CHAMADAS ARAUCANAS E RECIBINDO UNHA CARTA DOS COMPIS DE 4 ANOS DÁNDONOS AS GRAZAS POLO AGASALLO QUE LLE FIXEMOS,UNHA FERMOSA PLANTA.TAMÉN FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE "COMPARA E CONTRASTA" EN ONDE ANALIZAMOS QUE TEÑEN EN COMÚN A NOSA PLANTA AÉREA E A MARGARIDA,COMO QUE AS DÚAS PRECISAN AUGA PARA VIVIR E LUZ,EN QUE SE DIFERENCIAN;UNHA TEN TERRA E OUTRA NON,UNHA TEN FLOR E OUTRA NON,UNHA PARECE UNHA PIÑA... E A QUE CONCLUSIÓN CHEGAMOS DESPOIS DO ANÁLISE POIS QUE SON PLANTAS E MOI FERMOSAS.CON ESTA ACTIVIDADE QUEREMOS QUE OS NENOS E NENAS PENSEN,TOMEN DECISIÓNS,ARGUMENTEN...E NON SABEDES O BEN QUE O FAN.