ANIMACIÓN Á LECTURA: "O LOBO RAMÓN"

O pasado 11 de Febreiro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha divertida actividade relacionada co libro de María Canosa: “O lobo Ramón”. Unha  lectura  que fixo viaxar aos pequenos a través dunha enxeñosa aventura na que aprenderon a resolver conflitos de convivencia, coñecer o valor da amizade e valorar a igualdade.

Así nesta xornada e da man de Vicky, descubrimos como comunicarnos dun xeito realmente divertido a través da expresión en galego e da interpretación dos curiosos personaxes que acompañan a este lobo tan diferente.