ERASMUS DECEMBRO 2020
Enviado por carmenvazquez o Xov, 07/01/2021 - 19:42
CEIP Ponte de Xubia |
|
Iniciar sesión: Acceso
|
LUÍSA VILLALTALETRAS GALEGAS 2024
|
ERASMUS DECEMBRO 2020
Enviado por carmenvazquez o Xov, 07/01/2021 - 19:42
Erasmus Decembro 2020O día 16 e 17 de decembro participamos nas Olimpiadas de Educación Vial do Concello de Narón. En total foron 8 centros de Primaria os que competiamos. A clase que participou nas Olimpiadas foi a clase de 6º de EP.O día 16 fixemos a proba práctica, Sonia veu a examinar a un neno e unha nena nun circuito de habilidades na bici. Os nosos representantes foron Alba e Nuno elexidos na clase de Educación Física. O importante non era a rapidez senon a pericia na bicicleta, tiñan que facer zigzag, rotonda, camiño estreito, coller unha botella nunha mesa e poñela en outra sen tirala, e frear para tirar unha barra e deixar outra sen tirar. Temos que dicir que Sonia nos comunicou que gañamos a proba do circuito na bicicleta. Hip , hip , hurrrraaaaa!!!!!!O día 17 fixemos a proba de coñecementos, as preguntas versaban sobre 4 temas, Educación Vial, Patrimonio de Narón, o Parque de Tormentas e Inglés. Pedro e Sonia fixeron o test online e todos os colexios participábamos á vez. Tiñamos como representantes da aula de 6º a 3 nenas e 3 nenos : Alba, Carla, Inés, Germán, Martín e Samuel.Ao final da mañá comunicaron quen fora o gañador das Olimpiadas Viales. O ganador foi o CEIP da Gándara e o noso Centro o CEIP Ponte de Xuvia quedamos en 2ª posición. Hip, Hip…..Hurra!!!O noso agasallo foi un vale para o Centro para desfrutar durante un ano dunha bici de aluguer do Concello. A partir do ano que vén, calquera membro da comunidade educativa poderá desfrutar da bicicleta, só terá que deixar os seus datos ao director do centro e dicir cantas horas quere dispoñer da bici.O outro agasallo foi un “Dron”.Por último queremos resaltar o feito de que outro ano máis durante as dúas últimas semanas de decembro os nenos e nenas viñero ao centro cos patinetes ou bicis tuneadas de nadal. Todos os nenos e nenas que participaron recibiron como agasallo, unha gorra de policía local e participaron nun sorteo de vales de compras nos comercios locais.Aquí vos deixamos fotos das Olimpiadas de Educación Vial e dos patinetes tuneados.Bo Nadal e Feliz Ano 2021!!!! |
Eventos |