MAIOS 2020
Enviado por carmenvazquez o Mar, 28/04/2020 - 20:06
O equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro e o equipo de biblioteca quere sumarse a iniciativa do Padroado do concello de Narón"EN NARÓN OS MAIOS AO BALCÓN".No seguinte vídeo e nota tedes toda a información necesaria para participar.Así que animádevos!!!.
Gustaríanos recibir unha foto do voso maio e despois facer unha presentación con todas as fotos recibidas para colgalas na web do cole.
UN SAÚDO
O equipo de Dinamización da Lingua Galega
PADROADO DO CONCELLO DE NARÓN MAIOS 2020
Boas:
Dende o Padroado da Cultura do Concello de Narón, poñémonos en contacto con vós para informarvos da iniciativa que estamos a levar a cabo entorno á celebración da festa dos Maios. Neste vídeo tedes unha pequena explicación, tamén achegamos un arquivo adxunto o cartaz e outro para colorear por se o queren descargar os máis pequenos.
Agardamos que estedes todos ben e moito ánimo que isto logo remata.
Saúdos.
Aquí van unhas pequenas instrucións:
1.- Grava un pequeno vídeo (2 min. max.) amosándonos o teu maio na xanela ou no balcón.
2.- Envíanolo por correo a d.canovas@naron.es, cos teus datos (Nome completo,correo e tlf. de contacto)
3.- Faremos con todas as grabación un vídeo para amosar os traballos da veciñanza en redes sociais municipais.
4.- o día 9 realízase o sorteo en directo entre todas as persoas particpantes.
5.- Datos das persoas participantes serán tratados segundo a lei de protección de datos vixente.
6.- As persoas que voluntariamente acepten participar acepta a reproducción dos seus vídeos na redes sociais municipais.
Saúdos.
|