TAREFAS DE INGLÉS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Que tal nenos e nenas de 1º EP!!!!
Espero que sigades moi ben. Unha semana máis aquí vos envío un pouquiño de traballo de inglés. Como vos dixen a semana pasada imos a empezar co tema da casa, e imos a ver uns vídeos moi divertidos.
Este primeiro vídeo é para debuxar unha casa. Presta atención ao vídeo e a ver que casa chula te sale. Despois de ver o vídeo debuxa a casa. E se queres mándame o teu resultado ao meu correo: fachalpuri@gmail.com
Aquí vos deixo o primeiro enlace.
https://www.youtube.com/watch?v=mTSUSkSgvE4
Agora imos a aprender as distintas estancias que hai dentro da casa. Aquí tedes unha canción chula.
https://www.youtube.com/watch?v=IjnlkdZvYTE
Esta outra é máis sencilla. E tamén practicamos as estancias da casa. A ver cal vos gusta máis.
https://www.youtube.com/watch?v=qZyJPZxsmZk
Neste outro vídeo un rapaz enséñanos a súa casa. E imos a aprender algún obxecto da casa. Seguro que algún che soa como sofa, television, bed.
https://www.youtube.com/watch?v=R9intHqlzhc
Xa por último como esta semana o centro celebra o Día do Libro mándovos un enlace a un conto relacioanado co tema que estamos a traballar agora. A que non te imaxinabas que había tantos tipos de casa distintos?? Disfrutádeo.
Titúlase: House types. Tipos de casa.