Carta de Nicoleo polo Día do Libro
Ola nenos e nenas!
Como levades este tempiño na casa? Xa non queda nada para poder saír e vernos de novo. Mentres tanto estou seguro de que todos confiades na eficacia dos libros para poder viaxar, vivir aventuras, coñecer personaxes singulares e historias inesquecibles... A que si?
Pois estou desexando saber cales son eses libros marabillosos que vos acompañan na casa. Esta semana celebramos o Día do Libro. Como non podemos vernos e intercambiar lecturas, como sempre, fagamos algo que nos permita ver cal é o libro que limos xa mil veces, pero nos segue encantando, o libro que descubrimos estes días e queremos compartir, o libro que estamos desexando ler, pero non temos aínda a idade necesaria...
Collede ese libro e posade para unha foto con el. Esa foto ten que ser en horizontal e llela mandades á vosa titora ou titor e logo, cun pouco de maxia, farei algo bonito no que todos nos podamos ver amosando as nosas lecturas. Data límite de envío: venres 24
Quedade na casa e non deixedes de ler. Estádelo facendo moi ben.
Un bico.
Nicoleo