PRIMEIRA SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE

Ola familias!

Empezamos a traballar. Cada día da semana ides ter un anaco de traballo. Para poder ver eu o que traballan os vosos fillos e fillas necesito que sigades estas sinxelas instrucións:

Recordade que a libreta que se emprega no cole é de tamaño pequeno equivalente a un folio doblado en forma de libro. O que se pide cada día non vai medir máis que unha carilla da libreta ou unha cara dese folio doblado. Empregade o que teñades na casa: libreta pequena ou folio.

Axudade coa ortografía e coa redación aos vosos fillos e fillas. Non os machaquedes por non saber... recordade que teñen moi pouca experiencia coa lectura e escritura en comparación a un adulto. Aínda así correxide todo, non permitades que entreguen as cousas mal feitas ou con faltas de ortografía.

Ao final de cada semana fotografiade as páxinas feitas ao longo dos días e enviade estas ao meu correo elisadopicobores@edu.xunta.gal co asunto SEMANA 1.

MARTES 14: Lingua: Copia un poema na libreta con boa letra e atención aos versos e estrofas. Fai un debuxo dese poema. Ciencias: Escoita a canción sobre Pasado, presente e futuro do apartado de ciencias da aula virtual.

MÉRCORES 15: Matemáticas: Coloca e suma estas cantidades 123+456 789+321 345+876 +111

Ciencias: As forzas: Actividad: Tirar una pelota contra botellas vacías y llenas de agua Objetivos didácticos: . Observar lo que sucede a los bolos cuando se les golpea con una pelota. . Comparar bolos vacíos y llenos y el efecto de usar diferentes pelotas . Predecir el movimiento de los bolos Proceso: • Preparar diversas botellas de plástico en línea y pedir a los niños que “rueden” pelotas sobre ellas para intentar golpearlas. ( Tema 12 da aula virtual de Ciencias, páxina 7) Esta actividade de ciencias só é para facela, observar e falar sobre ella. Non precisa escribir nada. Se non tedes bolos empregade calquera cousa equivalente.

XOVES 16: Lingua: Escribe que ves desde a ventá do teu dormitorio. Lembra separar con comas as palabras e empregar punto ao final do texto.

Ciencias: Tema 13 Ver o vídeo para saber que é a liña do tempo. Comentádeo ao rematar o visionado. Non precisa escribir nada. Só falar.

VENRES 17. Matemáticas: Coloca e realiza as seguintes restas. Logo fai a proba: 456-321 654-478 987-789

Lingua: Escribe unha lista de 10 palabras que leven MP ( Campamento...). Escribe unha lista de 10 palabras que leven MB ( Bombón...)

Isto é todo pola primeira semana. Lembrade axudar aos vosos fillos e fillas a facer un bo traballo. Se atopades dificultades facédeme saber. Quen desexe ampliar estes traballos pola súa conta xa sabe que ten a aula virtual á súa disposición chea de vídeos, xogos e actividades de repaso, ampliación ect.

Un saúdo. Elisa