ACTIVIDADES SEMANAIS
Esta semana vos propoño unha serie de actividades máis concretas para que os nenos e nenas non esquezan cousiñas que xa vimos na aula. Como vos dixen o primeiro día, estas actividades son voluntarias, non as vou a avaliar, e só queren ser unha axuda. Sei que vos chegarán mil vídeos, webs, e actividades para facer cos nenos e nenas, non hai que facelo todo, cada un ten as súas circunstancias e que saibades que as entendo todas.
Así que estas son as miñas propostas:
Adxunto un documento para traballar a lectoescritura, esquema corporal, algo de matemática e arte. Este libriño o estabamos facendo no cole, con fotos de cada un. A idea é que na casa eles podan debuxar aos seus compis, repasar as letras dos nomes, do seu e dos demáis. recordar unha das cancións do cole, debuxar como se sinten cando están na escola, e por último na páxina en branco que debuxen o que máis lles gusta.
Debedes respetar a súa escritura, estará ben que escriban letras ou fagan garabatos, cando digan aquí pon Vero (aínda que sexan so raias ou puntos) vos decides que ben!!! e escribides debaixo ou ao lado (co mesmo instrumento: lápiz, rotu, cera…) o nome que din.
O mesmo cos debuxos, o único importante son as ganas de facer, todo é mellorable, pero pouco a pouco, hai que animalos a facer e que se sintan seguros.
Outro documento que vos envío é matemático, na recta numérica do 1 ao 5 escaparon varios números… primeiro contamos 5 cousas: galletas, rotus, coches, animais… podedes xogar moito con esto, na clase xa sumamos e restamos así, sempre manipulativamente, e con axuda e paciencia :)
Xa por último enchemos os ocos que faltan.
Adxunto tamén unha idea moi orixinal que Hervé Tullet danos no seu libro “la cocina de colores”. Sería interesante facelo varias persoas da casa ao mesmo tempo e así poder comparar resultados. animádevos!
Por último, remata o mes e como non podemos festexar os aniversarios de marzo xuntos coma sempre, propoño que os nenos e nenas fagan un debuxo para Lucas e Seydina Issa, eu encargareime de xuntalos e facerlles un agasallo telemático. A idea é que nun único folio en branco, en horizontal, cada un libremente debuxe e escriba algo para Lucas e Seydi.
En canto teña os debuxos (podedes mandar unha foto) fago a presentación e escribo mail para que a vexades na web.
Repito: todo isto son ideas, non é nada obrigatorio, se non tedes con que imprimir as podedes facer en folios en branco, darlle a volta, que sexan eles os que vos digan que facer con estos traballiños…
Nos próximos días avisareivos de novas actividades da mosca chosca dispoñibles na aula virtual.
Unha aperta moi grande para todas as familias!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ORDENA E ESCRIBE O QUE FALTA.pdf | 33.21 KB |
O LIBRO DO COLE.pdf | 749.63 KB |
Delicias de garabatos de Hervé Tullet- La cocina de dibujos.pdf | 221.25 KB |