ACTIVIDADES PARA A SEGUNDA SEMANA
AQUÍ VAI UNHA MOSTRA DO QUE FIXEMOS NOS ÚLTIMOS DÍAS DE COLE, E QUE VOS PODEDES ADAPTAR Á VOSA SITUACIÓN FAMILIAR…
CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO ADICADA ÁS MULLERES TRABALLADORAS, OS NENOS DE 3 FIXERON UNHA RUTA POLO COLE BUSCANDO MULLERES. CANDO CHEGARON Á NOSA AULA ESTÁBAMOS NO MEDIO DA ASEMBLEA E ESA ACTIVIDADE DEUNOS PÉ A FALAR DE QUE MULLERES TRABALLADORAS COÑECEMOS ASÍ COMO DE POR QUE PENSAMOS QUE SE CONMEMORAR ESE DÍA.
AQUÍ VOS DEIXO UNHA MOSTRA DAS MULLERES QUE SE ATOPARON NO COLE, E QUE OS COMPIS MAIORES LLES IAN DICINDO QUE ERAN TRABALLADORAS.
NA CASA PODEDES FALAR DAS DISTINTAS PROFESIÓNS. HOXE NON PARAN DE SAIR NOVAS SOBRE O PERSOAL SANITARIO, OS CORPOS DE SEGURIDADE, PERSOAL QUE TRABALLA EN SECTORES DA ALIMENTACIÓN, FARMACIA, TRANSPORTES… E A IMPORTANCIA DE TODOS OS TRABALLOS NUN MOMENTO COMA ESTE.
OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS COCIÑAMOS PAN PIZZA NA ÚLTIMA SEMANA QUE COMPARTIMOS COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 3. ADEMAIS APROVEITAMOS PARA TRABALLAR A RECEITA COMO TEXTO ESCRITO DUN XEITO MOI SINXELO. NA CASA, CADA UN COAS SÚAS CIRCUNSTANCIAS, PODEDES IMPLICAR AOS NENOS E NENAS EN ACTIVIDADES HABITUAIS: POÑER A MESA, FACER UN BOCATA, ELABORAR UN BISCOITO...
OUTRO DOS CONCEPTOS QUE ESTAMOS A TRABALLAR SON OS NÚMEROS DO 0 AO 29, ESPECIALMENTE NA ASEMBLEA ONDE CONTAMOS CANTOS NENOS E NENAS ESTÁN NA AULA E CANTOS FALTAN, ESCRIBINDO ASÍ O NÚMERO RESULTANTE; ASÍ COMO EN QUE DÍA DO MES NOS ATOPAMOS OU CANTAS LETRAS E SÍLBABAS TEN O NOSO NOME. PODEDES FACELO NA CASA COS MEMBROS DA FAMILIA, PELUCHES, ANIMAIS, BOLAS DE PLASTILINA…
A RECICLAXE SEGUE SENDO IMPORTANTE NESTES DÍAS, A SITUACIÓN QUE ESTAMOS VIVINDO PERMÍTENOS SER MÁIS CONSCIENTES NA CASA EN XERAR MENOS RESIDUOS, PARA QUE ISTO NON SE CONVIRTA NA NECESIDADE DE SAIR DA CASA PARA BAIXAR O LIXO… ASÍ QUE SEGUIDE TRABALLANDO OS RESIDUOS QUE VAN EN CADA CONTENEDOR, E SE TEDES DÚBIDAS, ESTOU SEGURA DE QUE NA CASA TEDES UNS BOS EXPERTOS E EXPERTAS A QUEN PREGUNTAR.
OS CONTOS TEÑEN UN PAPEL MOI IMPORTANTE NESTA ETAPA, ASÍ QUE NON DEIXEDES DE CONTARLLES UN CONTIÑO AO DÍA: NARRADO, INVENTADO, AQUEL QUE VOS CONTABAN OS VOSOS AVÓS (DOS QUE TANTO NOS ACORDAMOS ESTOS DÍAS), INVENTADE UN TÍTULO NOVO, UN FINAL, CAMBIADELLE O SEXO AO PROTAGONISTA DO CONTO A VER SE CAMBIA O CONTO… PERO SOBRE TODO DISFRUTADE DESE TEMPIÑO XUNT@S.
POR ÚLTIMO, NON DEIXEDES DE XOGAR: MIRADE POLA XANELA, QUE VEMOS? CANTOS COCHES? CANTAS ÁRBORES?, OBSERVADE O QUE HAI NA CASA, CANTOS PLATOS, VASOS, CADROS, XOGUETES… (QUE SEGURO HABERÁ MOITOS).
TAPADE OS OLLOS, A ELES, A VÓS, TOCADE, SENTIDE… SON SUAVES, ÁSPEROS, RUGOSOS, FRÍO, QUENTE, GRANDE, PEQUENO, GÚSTAME, NON ME GUSTA…
TODO ISTO SON IDEAS, NON É NADA OBRIGATORIO, PERO SE ALGÚN QUERE MANDAR ALGUNHA FOTIÑO DO QUE ESTADES A FACER NA CASA AO CORREO, INTENTAREI FACER ALGO CON ELAS PARA COMPARTIR E QUE OS VOSOS PEQUENOS E PEQUENAS SE SINTAN PRETO DENDE LONXE…
MOITOS BICOS!