A RELAXARNOS!!!

Despois dun período de axitación ten que vir un tempo de calma e nada mellor que relaxarnos. Todos os días dende hai unha semana despois da merenda sentamos todos no cortiza  facemos unha roda e escoitamos a canción de “el silenci” de damaris gelabert. antes de comezar a actividade poñemos unha norma que ninguén pode romper temos que estar en silencio e temos que dicir que ao principio costounos un pouco había moitas risas pero agora xa o faciamos moi ben e todos e todas en silencio escoitabamos a melodía.

A primeira actividade consistía en pasar unha campá e intentado que non soe. Os movementos teñen que ser moi amodiño e precisos.

Outro día fixemos outra actividade pero esta vez era pasar unha cunca chea de auga que para sorpresa de todos e todas cando rematamos a mestra bebeu pois tiña moita sede jejejeje.

A actividade continuará e espero que moi pronto poidamos voltar a normalidade pois encantábanos a actividade e o pasabamos moi ben.se vos animades aquí vos deixo a presentación.

Ánimo familias espero que pronto pase toda esta situación pois estou desexando volver a rutina.