ESCOLAS NO CAMIÑO

Neste primeiro trimestre durante os meses de setembro e outubro a rapazada de 4º EP e de 5º EP estivo a participar no proxecto Escolas no Camiño promovido polo Concello de Narón para difundir o Camiño Inglés no seu paso por Narón. A finais de setembro o historiador André Pena fixo unha charla cos nenos e nenos de 4º e 5º de EP sobre o Camiño inglés na historia de Narón e os puntos de interese a visitar. O día 22 de outubro a rapazada de 4º fixo unha camiñata desde o Mosteiro do Couto con outros centros do concello, estiveron acompañados de novo por André Pena e polos estudantes de segundo ciclo de Turismo do CIFP Rodolfo Ucha que exerceron de guías do camiño. A ruta finalizou no paseo marítimo de Xuvia con un concerto de música tradicional galega. Participaron uns 700 alumnos e alumnas de dez centros públicos e concertados da cidade. Os rapaces e rapazas foron agasallados cunha cuncha de peregrino e a clase recibiu un diploma por participar no acto de difusión do Ano Xacobeo 2021. Aquí podedes ver varias fotos da charla con André e a andaina polo Camiño Inglés.