XXX CERTAME INTERCENTROS

O pasado día 29 e 30 de abril o alumnado do noso centro acudíu a 30º celebración do Certame Intercentros. O día 29 acudíu o alumnado de 5º de EP coa canción “Que Non se Repita a Historia”, lograron un accesit.

O día 30 foi todo o alumnado de Infantil. Os nenos de 3 anos cantaron a canción “Eu son un artista” do grupo Mamá Cabra , os nenos e nenas de 4 anos cantaron a canción “A Saia de Carolina” do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona e a rapazada de 5 anos centráronse na figura de Rosalía de Castro, falaron da súa vida, recitaron parte do poema de Rosalía de Castro “Adiós Ríos, Adiós Fontes” e cantaron “O Moucho” de Migallas.

Como era o 30º aniversario do Certame os dous días puidemos gozar coa actuación de Paco Nogueiras...Que ben o pasamos!

Tamén todos os cursos, agás 5º EP, participaron no Certame elaborando un mural ou conto ilustrado sobre temas de Galicia traballados na clase.

Estos son os títulos dos murais:

3 anos  "O Moucho"

4 anos  "María Victoria Moreno"

5 anos  "Acuario"

1º EP   "Maruja Mallo"

2º EP    "Faros de Galicia"

3º EP   "Rubicundo"

4º EP   "Pioneiras e Pioneiros"

6º EP   "Un Camiño sen Investigar"

 

O 16 de maio os nenos e nenas de 5º EP, representando a todo o alumnado do noso centro, foron a recoller os agasallos concedidos polas nosas actuacións.

 

Aquí vos deixamos fotos das actuacións, dos murais e da recollida de premios.