MANDADOS ENTROIDO 2019
Este ano o Entroido de Ponte de Xuvia está dedicado a Historia e as Civilizacións e cada clase escolleu o seu disfraz. Levan traballando arreo desde hai dúas semanas, procurando que ningún dos traxes leve nada de plástico xa que é un material moi perxudicial para a nosa contorna.
O venres 22 de febrero o Meco enviou os mandados. E son os seguintes: para o luns hai que vir de pixama xa que é o mandado favorito do noso alumnado, os mandados do martes e o mércores están relacionados co proxecto de saúde Cardioescolas e temos que traer algo relacionado co deporte -para o martes- e algo relacionado coa alimentación para o mércores; e, finalmente, o xoves podemos vir de choqueiros que era como se disfrazaban os galegos e galegas tradicionalmente, con calquera cousa que houbera por casa. Recordade cumplir cos mandados e veña troula.
FELIZ ENTROIDO A TODOS!!!